viernes 16 de octubre de 2009

OLA, VOUME PRESENTAR

Ola, o meu nome é Ánxeles, vivo en Ribadulla , Concello de Santiso (A Coruña). Teño 12 anos, vivo coa miña familia:o meu pai, a miña nai, a miña irmá pequena, que se chama Alba e ten 4 anos, e os meus avós. Estudo no Instituto de Melide 2º da ESO, e veño as clases nun taxi, porque non podo vir en autobús coa cadeira de rodas. O taxista que me trae chámase Luís, é moi bo e sempre me axuda. Cando chego ao instituto agárdame Susana, que é a miña coidadora do Instituto, e cóidame moito e é moi boa. O meu titor é Xabier Garabal, que me dá clase de matemáticas.
Abrín este blog porque me gusta contarlle cousas a xente, falar da miña vida e da miña parroquia, do que fago no Instituto... e co blog chego a moitos máis sitios que coa miña cadeira de rodas. por hoxe despídome

11 comentarios:

  1. Noraboa, Ánxeles, pareceme unha idea estupenda que abras un blog para comunicarte, xa verás a canta xente coñeces e canta xente te vai coñecer a ti. Moito ánimo!

    ResponderSuprimir
  2. Ola, Ánxeles, e benvida ao espazo virtual onde todos podemos chegar a todos os puntos do planeta. Felicidades pola túa idea. Haberá que seguirte neste blog, e xa miraremos de publicar tamén cousas en inglés.
    Unha aperta
    Xosé Tomás

    ResponderSuprimir
  3. Hola Ánxeles,me he alegrado mucho al recibir la noticia relacionada con tu blog.Creo que éste va a ser un curso con muchas novedades para tí; el blog, la radio...Estamos seguros de que lo harás de maravilla y los profesores estaremos ahí para ayudarte en lo que necesites.
    Un bico
    Cristina,
    orientadora

    ResponderSuprimir
  4. Parabéns,Ánxeles,por esa ledicia coa que nos amosas os teus esforzos e as ganas de aprender!
    Ánimo,campioa! E...graciñas porque xornada a xornada,adícasnos ese sorriso como galano inesgotábel dos teus beizos.
    Biquiños.
    Edi

    ResponderSuprimir
  5. Noraboa Ánxeles,
    Por todo, pola iniciativa do blog, pola túa actitude ante a vida, pola túa alegría diaria e polo teu exemplo. Estou encantada de terte coñecido. Moito ánimo e seguro que este blog, ó igual que as outras moi boas actitudes que tes, servirán para conseguir os teus obxectivos.
    Unha aperta
    Violeta

    ResponderSuprimir
  6. Pero ti non me conoces. Entrei no teu blog, por un acaso, buscando cousas sobre Melide. Eu nacin en Melide, pero vivo no Brasil hay 50 anos. Vexo que estudias en Melide, e che mando dende o Brasil, donde vivo, un cariñoso saludo.
    angel_lopez_vidal@hotmail.com

    ResponderSuprimir
  7. Boas Anxeles , estou esperando a que publiques mais cousas , porque pareceme moi interisante. Ah non marcho sen antes felicitarte polo teu cumpleanos , que o pases moi ben .
    Unha aperta
    Aitana Castro

    ResponderSuprimir
  8. Xabier GarabalDec 7, 2009 12:45 PM

    Ola Ánxeles, noraboa pola idea do blog. Ánimo que estamos esperando polas túas novas.
    Seica vas sendo un pouco máis vella... Os meus parabéns polo teu aniversario.
    Un agarimoso saúdo.
    Xabier Garabal.

    ResponderSuprimir
  9. Ánxeles, para ti desexo:
    Que este Solsticio de Inverno
    che traia amigos a milleiros!
    Pois,Ánxeles o teu maxín
    a traveso do teu blog,
    dáche moito para entretelos.
    Eu,xa que entrei aquí,
    non hei de menos
    que, para ti,pedir
    que o 2010
    che veña cargadiño de cumpridiños
    os teus moitos e bos desexos!

    ResponderSuprimir
  10. 28 de Nadal...as troulas están a comezar!
    Disque o Apalpador do IES de Melide
    pola Vila anda a choutar,
    espelindo a súa barriga
    quere ata Ribadulla chegar.
    Despois, en Amboaxe
    na túa casiña,Ánxeles,
    prometeu de se instalar...
    Ten tino, rapaza,
    coa túa cadeira de rodas
    non o debes de entrenar,
    pois, El é quen de con ela,
    ata o teu blog chegar
    ...Vaia unha estragueira,
    se nel se chega a colar!!!
    Unha aperta para ti e o Apalpador.
    Edi Carregal

    ResponderSuprimir